06.17.2013

Enquisa ao profesorado sobor a A21EdG 2012/2013

Dun total de 43 profesores e profesoras, 13 contestaron o cuestionario facilitado a comezos de xuño de 2013. As respostas foron as seguintes:

  • Cal é a túa valoración xeral sobor o proxecto da A21EdG?
    • Mala
    • Regular (1)
    • Indiferente
    • Boa (6)
    • Excelente (6)

 

  • Valora cada unha das actividades desenvolvidas neste curso 2012/2013:
    • Magosto e Xogos Populares
      • Mala
      • Regular
      • Indiferente (1)
      • Boa (4)
      • Excelente (7)
      • Ns/Nc (1)
    • Semanas da Froita
      • Mala
      • Regular
      • Indiferente
      • Boa (5)
      • Excelente (8)
    • Concurso de Murais
      • Mala (3)
      • Regular
      • Indiferente (1)
      • Boa (8)
      • Excelente (1)
    • III CoCuMo
      • Mala (2)
      • Regular (1)
      • Indiferente (3)
      • Boa (5)
      • Excelente (1)
      • Ns/Nc (1)
    • Aula+Sostíbel
      • Mala
      • Regular
      • Indiferente
      • Boa (6)
      • Excelente (7)

 

  • Cal é a túa valoración do papel desenvolvido polo Comité Ambiental do Centro, formado por alumnado da E.S.O.?
    • Mala
    • Regular (2)
    • Indiferente (1)
    • Boa (9)
    • Excelente
    • Ns/Nc (1)

 

  • Cal é a túa valoración sobor a coordinación, información e xestión da A21EdG?
    • Mala
    • Regular
    • Indiferente
    • Boa (7)
    • Excelente (6)

 

  • Que che gustaría que cambiase para o curso seguinte?
      • Potenciaría os Xogos Populares facendo unha liga.
      • O Magosto xa que a participación do profesorado debería ser maior. En todo caso, todo está ben, simplemente manter ou mellorar o que se poida.
      • Que houbera algunha saída, por cursos, a recoller setas por exemplo.
      • A ver os carballos milenarios…, pola tarde para que puideramos participar mais profesores.
      • Facer algunha ruta de sendeirismo cos rapaces, dunha mañá ou dun día enteiro.
      • Que o alumnado da ESA puidese participar nalgunha actividade.
      • Programación das actividades con máis tempo (algunhas foi moi inmediato).
      • Houbo momentos nos que como titor resultoume imposible orientar e axudar aos alumnos en levar adiante todas as actividades abertas. Evidentemente non chega con colocar unha fotocopia no taboleiro e agardar a que os rapaces participen. Así sucedeu coas actividades do concurso de curtas co móbil e co Señor do Bosque. Ademais xuntáronsenos cos exames. Coido que sería preciso unha maior implicación de todo o profesorado para levar adiante as actividades.
      • Que a administración se implique máis na A21EdG, tendo unha política CLARA, e non estar así abertos de cara á galería, porque para iso é mellor pechar o chiringuito. Se a política fora clara e participativa, habería moita máis implicación para desenvolver os contidos dun proxecto ambiental importante. O concurso da Aula+Sostíbel está ben, pero débese de replantexar a puntuación, porque algunhas clases, xa non participaban con moito entusiasmo nalgunha actividade porque se xustificaban con “como non podemos gañar”.
      • Que o alumnado participase máis, o difícil é motivalos.
      • Que se organizasen as actividades evitando solapamento con outras.
      • Que a Sala de Profesores entrase no concurso por ver se temos un chisco de respecto polos demais, e organizamos o nosos lugar de traballo.
      • En xeral penso que se está a facer unha moi boa labor, aínda que por unhas circunstancias ou outras non teño moita relación coas actividades.
      • Insistir no feito que moitas veces as luces das aulas desocupadas están acendidas. É moi doado que o profesorado de garda as apague.
      • Maior difusión das actividades por parte do profesorado titor.

 

  • Que manterías tal como está?
    • En xeral toda a planificación feita paréceme axeitada.
    • Animo ao equipo coordinador a seguir con esta labor. Penso que é un esforzo complementario non recompensado pola administración. Ao profesorado cada vez se nos esixen ou se nos quere implicar en máis cousas, proxectos, máis burocracia e seguir ademais atendendo ao nosa labor de formación nas propias especialidades.
      • Magosto e Xogos Populares.
      • Mantería a coordinación, é dicir, á persoa responsable da A21EdG.
      • O magosto e os xogos populares (aínda que engadiría mais días para os xogos), a semana da froita e a aula sostíbel.
      • Eu mantería todo o que funciona ben: magosto, semana da froita, Aula+Sostíbel…
      • Todo está ben, moi interesante.
      • Todo.
      • O da froita é esencial para que os alumnos a tomen.
      • Replantexar o Concurso da Aula+Sostíbel.
      • As actividades que tiveron excelente participación e a implicación da rapazada de maneira intensa.
06.12.2013

Música reciclada

Nos seguintes enlaces, tedes varias composicións musicais feitas polo alumnado de Música de 4º de ESO do curso 2012/2013, e interpretadas con instrumentos construídos con material de refugallo.

Quen dixo que co lixo non se pode facer Música?

http://www.musicanalama.blogspot.com.es/2013/06/musica-reciclada.html

http://www.musicanalama.blogspot.com.es/2013/06/instrumentos-feitos-con-material-de.html

05.23.2013

Avaliación da A21EdG feita polos gañadores da “Aula+Sostíbel”

 

04.5.2013

AULA+SOSTÍBEL: Resultados Finais

Velaquí os resultados finais do Concurso da Aula+Sostíbel 2012/2013. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración!

 

03.13.2013

Clasificación AULA+SOSTÍBEL (Marzo 2013)

03.5.2013

Fotos da Carreira Solidaria!

A profesora e compañeira de Educación Física Ana María López Cruz ven de facer un fantástico vídeo con fotos da Carreira Solidaria que organizou o seu departamento coa colaboración da A21E. Merece ben a pena botarlle un ollo. Graciñas!!!

Carreira Solidaria 2013

02.7.2013

Concurso de murais “Señores do bosque” 2013

02.5.2013

Carreira Solidaria con Save The Children

O pasado xoves 31 de xaneiro, en con motivo do Día da Paz, o Departamento de Educación Física do IES Lama das Quendas, xunto coa A21EdG, convocaron á comunidade escolar á Carreira Solidaria para recadar fondos para a ONG Save The Children, e como outras tantas veces, TeleVinte foi testemuña de tan singular acto.

Graciñas a tod@s pola vosa colaboración e participación!!!

CARREIRA SOLIDARIA

01.23.2013

Bases do Concurso de Carteis para o III COCUMO

A Axenda 21 Escolar do IES Lama das Quendas convoca o Concurso de Carteis para o COCUMO III, de acordo coas seguintes

BASES

1. Dos participantes. A convocatoria está dirixida ao alumnado do IES Lama das Quendas.

2. Da temática. Os carteis deberán de anunciar as visualizacións das curtametraxes que se presenten no III COCUMO, e que terán lugar os días 2, 3, 4 e 5 de abril de 2013 durante os recreos.

3. Das obras.

a. Os carteis deberanse presentar en formato dixital PDF, tamaño A3 ou A4.

b. No cartel deberá aparecer a seguinte información:

III CONCURSO DE CURTAS PARA MÓBILES COCUMO 2013.

Do martes 2 ao venres 5 de abril de 2013.

http://www.participarmos.blogaliza.org

c. O cartel deberá partir doutro que pertenza a unha película xa existente, mais “tuneado” de xeito que un móbil apareza reflectido nel (ver exemplos existentes noutras edicións).

d. O cartel deberá de estar acompañado por unha nota na que conste o título da película da que se “tomou prestada” a imaxe, ano de estrea, e un breve resumo da mesma.

e. Un mesmo concursante pode presentar varios carteis. Os premios non poderán ser acumulativos.

4. Da inscrición.

a. A inscrición realizarase entregando a obra nun lapis de memoria ao profesor de música don Juan Manuel Vázquez.

b. O prazo de inscrición remata o venres 22 de marzo de 2013.

5. Do xurado. O xurado do concurso estará composto por membros do Comité Ambiental.

6. Dos premios.

a. A obra gañadora será empregada para o cartel das III Xornadas do COCUMO, e poderá ser exhibida nos medios que a organización estime oportunos

c. 50 puntos para ao concurso da aula+sostíbel para a aula do cartel gañador.

d. Cada cartel presentado sumará 10 puntos para a clase á que pertenzan os seus creadores.

7. Disposicións finais.

a. Os carteis deben de estar feitos en galego.

b. A organización do concurso resérvase o dereito a excluír todos aqueles traballos con contido obsceno, violento, sexista ou ofensivo contra calquera membro da comunidade educativa.

c. A participación no concurso supón a aceptación das bases.

01.23.2013

Bases do III COCUMO

A Axenda 21 Escolar, a Vicedirección e o Departamento de Dinamización Lingüística do IES Lama das Quendas convocan o III Concurso de Curtametraxes realizados con teléfonos móbiles de acordo coas seguintes

BASES

1. Dos participantes. A convocatoria está dirixida a calquera membro da comunidade educativa do IES Lama das Quendas.

2. Da temática. A temática do concurso está baseada nas 5 R´s: REFLEXIONAR, REXEITAR, REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.

3. Das obras.

a. As curtametraxes deberán de estar gravadas unicamente coa cámara dun teléfono móbil ou PDA aínda que poderán ser editadas con outros medios ou ferramentas externas.

b. As curtametraxes presentadas a concurso deben de ser orixinais e inéditas, é dicir, que non teñan participado en ningún outro concurso nin ter sido colgadas en ningunha web.

c. A duración máxima será de cinco minutos e valorarase especialmente a orixinalidade da proposta, a participación de membros da comunidade escolar e o sentido do humor.

d. Un mesmo concursante pode presentar varias curtametraxes. Os premios non poderán ser acumulativos.

4. Da inscrición.

a. A inscrición realizarase entregando a obra nun lapis de memoria ou nun disco ao profesor de música don Juan Manuel Vázquez, xunto cunha nota na que consten o autor da obra, o título da mesma e a cal ou cales das 5 R´s se fai referencia na curtametraxe.

b. O prazo de inscrición remata o venres 22 de marzo de 2013.

5. Do xurado. O xurado do concurso estará composto por membros do Comité Ambiental, así como un representante da Axenda 21 Escolar de Galicia.

6. Da visualización das obras. As obras seleccionadas serán exhibidas segundo un calendario a elaborar no tempo de recreo. Do mesmo xeito serán colgadas na páxina web http://www.participarmos.blogaliza.org/ establecéndose un sistema de votación para determinar o premio do público.

7. Dos premios. Entregaranse os seguintes premios.

a. Premio do xurado á mellor curtametraxe.

b. Premio especial do público.

c. Puntos para ao concurso da aula+sostíbel para a aula dos gañadores: 100 puntos para a 1ª clasificada e para o Premio especial do público, 70 para a segunda e 50 para a terceira.

d. Cada curtametraxe presentada sumará 10 puntos para a clase á que pertenzan os seus creadores.

8. Disposicións finais.

a. As curtametraxes deben de estar gravadas en galego.

b. A organización do concurso resérvase o dereito a excluír todos aqueles traballos con contido obsceno, violento, sexista ou ofensivo contra calquera membro da comunidade educativa.

c. A participación no concurso supón a aceptación das bases.

Free Blog Themes / Templates